A besta abriu a boca e deixou ver ilera tras ilera de picudas lapas a modo de dentes. O berro que de ahí saiu foi como miles de árbores en súbita incineración. Os homes enmudeceron, retrocederon, se encolleron, e non choraron porque non quedaban bagoas nos seus ollos. Pero Antón non se moveu. Antón seguía a mirar a cara deste terrible fillo de Phyros mentres collía coas dúas mans o batelumes, separou e flexionou as pernas e preparouse para a primeira acometida lo lume. Este empezou con contundencia lanzando unha densa columna de fume, cousa que non erredou a Antón que lebaba a sua mascara ben posta. Antón lanzouse adiante e a un lado e dirixiu un veloz e preciso golpe de batelumes contra as mans de besta. O contraataque enfureceuno e provocou que desta vez lanzase unhas lapas contra o bombeiro, que apenas as puido desviarlas co batelumes e lanzarono contra o requeimado chan. Pero Antón non só era arroutado, sabía o que facía, e dende o chan, por baixo das mortáis lapas lanzou un decidido golpe os pes do lume. Bateu con forza unha e outra vez contra o nexo da ardente presenza coa terra. O aullido foi terrible, o e estruendo da caida tamén, e xusto cando Antón, posto en pe, buscaba asestarlle o golpe final, unha bola de fogo golpeouno no peito, deixandoo sen alento, arrebatandolle as forzas, e o batelumes. A besta recuperouse, ergueuse e dispusoxe a rematar o home que segúia no chan, buscando encher os seus pulmóns con algo que lle dera forzas, cando un potente chorro de auga abriulle o peito. Na sua loita contra Antón esqueceuse por completo dos seus compañeiros, dandoos por vencidos, fuxidos, e humillados, pero estes non estaban por abandonar o seu compañeiro e foron na procura de reforzos, do motobomba. En canto chegou conectaron a fume de carozo as mangueiras e atacaron o lume.
A auga caía sobre Antón como unha tormenta de verán. Antón conseguíu levantarse, e apoiandose no seu batelumes achegouse a besta, que loitaba desesperadamente contro o chorro de auga vaporizandolo antes de que lle tocase. Por un momento parecía que ía ser capaz de de evaporar canta auga lle botasen, pero Antón non ía permitilo. Golpeou unha e outra vez nel ata que quedou reducido a cinzas humeantes.
Unha vez máis Antón e os seus derrotaron o demo.
Nos leemos...
Profe, Bien por los bomberos se comieron la naranjita. Increible la labor de esta gente y le has plasmado de una forma contundente.
ResponderEliminar